2 nov 2010

Relación entre leite materno e lingua materna

Porqué se lles damos o mellor de nós aos nosos fillos, por exemplo o leite que sae dos nosos peitos, tantas horas roubadas ao sono, tanto tempo acariñando neles, tantos coidados, non imos un  pouquiño máis aló e tamén lles damos a nosa lingua, a que se agocha no noso corazón, na nosa cabeza. Eu anímovos a compartila con eles, porque seguro que un pouso quedará.

29 oct 2010

As nais somos as mellores transmisoras da lingua

Hoxe contáronme un conto: disque un escritor en galego é da opinión de que as nais somos a "reserva" lingüística deste país, a esperanza para que a nosa lingua non esmoreza definitivamente. No meu caso particular sinto non poder suscribir tal afirmación, e non porque eu non empregase o galego xa dende que tiña un xermoliño na barriga, sempre e en todos os sitios, ata hoxe. Non recollín aínda froito ningún, é posible que estean a madurar.
Son eu a única á que lle pasa isto? Tendes vós unha experiencia similar?